sábado, 16 de noviembre de 2013

Anova intenta convencer a Bildu, CUP y Compromís para ir en coalición


Una delegación de esta formación encabezada por Beiras realizó una gira por Euskadi, Cataluña y País Valenciá para intentar crear una gran coalición nacionalista para las europeas.

Xosé Manuel Beiras, como líder de Anova, encabezó una pequeña delegación de esta formación que viajó a Euskadi, Cataluña y al País Valenciá. Su objetivo fue intentar acercar posiciones para crear una gran coalición nacionalista de cara a las europeas.

En esta comitiva también estuvieron los miembros de la Permanente Luis Eyré, de Relaciones Políticas, y el de Coordinación, Martiño Noriega. La gira de Anova comenzó el pasado jueves con una entrevista con las CUP (Candidaturas de Unidad Popular) de Cataluña, continuó el viernes con otra reunión con Compromís en Valencia y terminó este sábado en Iruña (Pamplona) con la Coalición EH-Bildu.

En estas entrevistas hubo "una gran coincidencia política" entre estas fuerzas políticas y, según señala Anova, se destacó la necesidad de explorar una "unidad de acción de las fuerzas nacionalistas y de las izquierdas rupturistas de los distintos pueblos del Estado para afrontar las Elecciones Europeas del próximo mes de mayo".

"Gran coincidencia"

"Encontramos una gran coincidencia de planteamiento con respecto de que las naciones del estado configuren su propio sujeto politico para conformar un gran plataforma por la ruptura del régimen, para la defensa de los intereses de la mayorías frente a las políticas de la troika, la defensa de los derechos de las naciones y que podría desembocar en una coalición para las elecciones europeas", apunta Anova.

Esta es la ultima gran ofensiva política que realiza Anova de cara a crear un gran polo político con fuerzas nacionalistas de izquierdas. De cuajar estos acuerdos luego podría tener lugar una segunda negociación para crear una gran alternativa con otros partidos de ámbito estatal, probablemente con la plataforma Suma que lidera IU.

VERSIÓN EN GALEGO

Anova tenta convencer a Bildu, CUP e Compromís para ir en coalición

Unha delegación desta formación encabezada por Beiras realizou unha xira por Euskadi, Cataluña e País Valenciá para tentar crear unha gran coalición nacionalista para as europeas.

Xosé Manuel Beiras, como líder de Anova, encabezou unha pequena delegación desta formación que viaxou a Euskadi, Cataluña e ao País Valenciá. O seu obxectivo foi tentar achegar posicións para crear unha gran coalición nacionalista de cara as europeas. 

Nesta comitiva tamén estiveron os membros da Permanente Luis Eyré, de Relacións Políticas, e o de Coordinación, Martiño Noriega. A xira de Anova comezou o pasado xoves cunha entrevista coas CUP (Candidaturas de Unidade Popular) de Cataluña, continuou o venres con outra xuntanza con Compromís en Valencia e rematou este sábado en Iruña (Pamplona) coa Coalición EH-Bildu.

Nestas entrevistas houbo "unha gran coincidencia política "entre estas forzas políticas e, segundo suliña Anova, destacouse a necesidade de explorar unha "unidade de acción das forzas nacionalistas e das esquerdas rupturistas dos distintos pobos do Estado para defrontar as Eleccións Europeas do vindeiro mes de maio".

"Grande coincidencia"

"Atopamos unha grande coincidencia de plantexamento a respecto de que as nacions do estado configuren o seu propio suxeito politico para conformar unha grande plataforma pola ruptura do réxime, para a defensa dos intereses da maiorías fronte ás políticas da troika, a defensa dos dereitos das nacións e que podería desembocar nunha coalición para as eleccións europeas", apunta Anova.

Esta é a ultima gran ofensiva política que realiza Anova de cara a crear un gran polo político con forzas nacionalistas de esquerdas. De cuallar estes acordos logo podería ter lugar unha segunda negociación para crear unha gran alternativa con outros partidos de ámbito estatal, nomeadamente, a plataforma Suma que lidera IU.

No hay comentarios:

Publicar un comentario