miércoles, 8 de enero de 2014

Acto sobre a construción dunha Fronte Ampla de Esquerda

O pasado día 3 de xaneiro celebrouse un interesante debate na librería Cartabón en Vigo sobre as posibilidades de configuración dunha fronte ampla non excluínte. En devandito debate participaron representantes de diferentes formacións políticas e tomaron a palabra: Luís Ocampo, médico, dirixente de Izquierda Castellana e un dos principais impulsores de Iniciativa Intercionalista - A Solidariedade entre os Pobo, Rubén Pérez, Licenciado en Historia, Secretario de Organización de Esquerda Unida en Galicia e Coordinador Local de Esquerda Unida en Vigo. Lois Pérez Leira, Co-Voceiro de Nova Esquerda Galega (NEG) e militante de ANOVA, Moncho Lareu, membro da Fronte Popular Galega (FPG) e militante de ANOVA.

A nutrida asistencia ao acto puido escoitar os diferentes argumentos esgrimidos polos distintos participantes que manexaron diferentes posicións sobre as distintas posibilidades para a configuración dunha gran fronte ampla antineoliberal. Todo coincidiron en é necesario que a esquerda se entenda para poder frear as políticas reaccionarias do Partido Popular, acabar co bipartidismo e poder erixir unha verdadeiras alternativa á actual construción europea.


No hay comentarios:

Publicar un comentario